jueves, 27 de agosto de 2020

Uso de máscaras III. Erros máis frecuentes

 Bo día!

Hoxe compartimos un vídeo do Servizo Galego de Saúde que nos explica os erros máis frecuentes no uso das máscaras. Non deixedes de velo!



miércoles, 26 de agosto de 2020

viernes, 21 de agosto de 2020

Uso de máscaras II

Nunha entrada anterior tratamos as recomendacións básicas para un uso correcto das máscaras de protección. Hoxe recomendámosvos ler este artigo no que atoparedes respostas a como quitarse e porse a máscara antes e despois de comer e beber, onde e como gardala, e como non usala.

 Fonte: Eldiario.es

jueves, 20 de agosto de 2020

Enquisa de autoavaliación COVID

 As consellerías de sanidade e educación recomendan completar esta enquisa antes de vires o centro, unha forma rápida e eficaz de comprobar se tes síntomas compatibles coa COVID 19. Recorda o que has de facer se recoñeces síntomas compatibles.

Grazas de antemán!


miércoles, 19 de agosto de 2020

Medidas hixiénico-sanitarias para os exames de setembro

 Os exames de setembro comezan o día 1 e, dada a crise COVID 19 que estamos a vivir, é preciso tomar medidas hixiénico-sanitarias para facer do centro un lugar seguro.

Se vas facer os exames de setembro, por favor, le en detalle as medidas nesta ligazón ou  pincha na imaxe.


Podes consultar o calendario de exames nesta ligazón.

Grazas pola túa colaboración!

lunes, 17 de agosto de 2020

Xestión de posibles casos ou gromos no centro

 O Plan de Adaptación e o Plan de Continxencia determinan como actuar no caso de sospeita ou confirmación dun caso de COVID 19 na nosa comunidade educativa, resumidos nesta infografía:


Velaquí as medidas a seguir:

Para xestionar os posibles gromos, o centro seguirá as medidas recollidas nas páxinas 29-33 do Protocolo deadaptación ao contexto da COVID 19 das Consellerías de Sanidade e Educación, que define gromo como a aparición súbita dunha enfermidade epidémica entre a poboación nun determinado lugar, sendo sinónimo de abrocho ou brote.

Xestión dos gromos

·    Non asistirán ao centro aqueles estudantes, docentes e otros profesionais que teñan síntomas compatibles con COVID-19, así como aqueles que se atopen en illamento por diagnóstico de COVID-19, ou en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19. Tampouco acudirán ao centros as persoas en espera de resultado de PCR por sospeita clínica.

·        Diante dun suposto no que unha persoa ou alumno/a da que se sospeita que comeza a desenvolver síntomas compatibles con COVID-19 no centro educativo as medidas de prevención e control levaranse a cabo por parte do SERGAS en base ao documento técnico elaborado pola Ponencia de Alertas y Planes de Preparación y Respuesta: ”Guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos”, en virtude da mesma: Levarase a un espazo separado de uso individual, colocaráselle unha máscara cirúrxica (tanto ao que iniciou síntomas como á persoa que quede ao seu coidado), e contactarase coa familia, no caso de afectar a alumnado. A persoa ou o seu titor deberán chamar ao seu centro de saúde de Atención Primaria para solicitar consulta, ou ao teléfono de referencia do SERGAS e seguiranse as súas instrucións. En caso de presentar síntomas de gravidade ou dificultade respiratoria chamarase ao 061. O/A traballador/a que inicie síntomas debe abandonar o centro protexido por máscara cirúrxica, e logo de seguir as instrucións do centro de saúde ata que a súa situación médica sexa valorada por un profesional sanitario. De confirmarse o positivo, o equipo Covid do centro escolar comunicarao ao equipo Covid-escola do centro de saúde de referencia.

·       No suposto da aparición dun caso, ou dunha sospeita, de coronavirus tanto sexa do alumnado, profesorado ou persoal do centro, a persoa coordinadora do equipo formado na COVID-19 incluirá na aplicación informática a información prevista do eventual afectado/a; os que teñan a consideración de contactos estreitos, os dos compañeiros/as afectados/as e do seu profesorado, así como de quen poida ser unha persoa próxima que estea vencellada ao centro educativo. A aplicación xerará unha alerta no Central de Seguimento de Contactos (CSC) quen se encargará da vixilancia evolutiva das persoas identificadas como contactos. Cando o fluxo de información proceda da autoridade sanitaria incorporarase a mesma información.

·       A familia dun neno ou nena con sospeita de contaxio, deberá solicitar unha consulta telefónica co seu pediatra para que este avalíe a necesidade de solicitude dunha proba diagnóstica.

·       Tras a aparición dun caso confirmado da Covid 19 seguiranse as instrucións da Autoridade Sanitaria.

Escenarios no suposto de gromos

A autoridade sanitaria, en función do número de contaxios, poderá ordenar a corentena dun grupo determinado de contactos estreitos do centro escolar, o peche dunha ou varias aulas, dun nivel educativo ou do centro educativo na súa totalidade de conformidade co previsto na ”Guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos”, e co “Protocolo de actuación da Consellería de Sanidade en materia de Saúde Pública en relación con illamentos e corentenas para a prevención e control da infección por SARS-Co-V-2” publicada por Orde da Consellería de Sanidade no D.O.G. do 20 de agosto de 2020, cos seguintes supostos:

·       Tendo en conta que segundo o criterio epidemiolóxico considerase contacto estreito a calquera alumno, ou profesional do centro educativo, profesor ou outro traballador que compartise espazo co caso confirmado a unha distancia <2 metros ao redor do caso confirmado durante máis de 15 minutos sen utilizar a máscara os contactos serán determinados pola autoridade sanitaria segundo os protocolos vixentes en cada momento.

·       As persoas que teñan a consideración de contactos estreitos da persoa cun diagnóstico confirmado (cunha obriga de illamento durante 10 días) deberán entran en corentena, estando corentenados nos seus domicilios e suspenderán mentres dure este a ensinanza presencial polo un período de 14 días. O restante alumnado da aula que non teña a consideración de contacto estreito poderá continuar coa asistencia presencial á aula. Aos contactos estreitos realizaráselle unha proba de COVID nun prazo non superior a 48 horas para identificar ás persoas que teñan unha posible infección por COVID-19.

·        En función da intensidade e virulencia do gromo, así como do número de persoas e niveis educativos afectados a Autoridade Sanitaria poderá acordar a medida de corentena da totalidade das persoas que conforman unha aula, das que conforman un nivel educativo completo onde teña xurdido o gromo ou, de ser o caso, da totalidade das persoas que integran o centro. A medida será proposta pola Autoridade Sanitaria dentro do Grupo de Coordinación e Seguimento da Pandemia, previsto no punto 10.1 do protocolo de Adaptación á Situación COVID.

A aparición dun contaxio sospeitoso con posterior confirmación é un suposto de declaración obrigatoria que implicará por parte da autoridade sanitaria a obriga de entrada en illamento de polo menos 10 días no caso da persoa enferma, e de entrada en corentena de 14 días a todas as persoas que teñan a consideración de contacto estreito de conformidade coas indicacións das autoridades sanitarias.

A suspensión da actividade lectiva presencial suporá a aplicación das normas previstas no 14 do Plan de Continxencia do centro relativas ao ensino a distancia.

Finalizado o período de illamento das persoas que conforman unha aula, nivel educativo ou centro realizarase un proceso de retorno a actividade educativa ordinaria presencial. O Grupo de Coordinación e Seguimento da Pandemia determinará o momento a partir do cal se iniciará o retorno e as medidas específicas que sexa preciso adoptar e o comunicará ao centro.

viernes, 14 de agosto de 2020

Entradas e saídas

 


A entrada principal é a única vía de acceso ao centro polo que o alumnado agruparase por cursos para as entradas e saídas, que seguirán un horario estrito e estarán supervisadas polos profesores titores ou, no seu defecto, por profesorado non titor que teña clase a primeira ou última hora co grupo correspondente:

Quenda de mañá:

ENTRADAS

Hora

Grupos de alumnos

Profesores responsables

9:00

Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato

2

9:10

Alumnado de 3º e 4º da ESO

4

9:20

Alumnado de 1º e 2º da ESO

4

9:30

Alumnado de 5º e 6º de primaria

2

9:40

Alumnado de 3º e 4º de primaria

2

9:50

Alumnado de 1º e 2º de primaria

2

10:00

Alumnado de infantil

3

 

SAÍDAS

Hora

Grupos de alumnos

Profesores responsables

14:15

Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato

2

14:05

Alumnado de 3º e 4º da ESO

4

13:55

Alumnado de 1º e 2º da ESO

4

12:30

Alumnado de 5º e 6º de primaria

2

12:40

Alumnado de 3º e 4º de primaria

2

12:50

Alumnado de 1º e 2º de primaria

2

13:00

Alumnado de infantil

3

 

Quenda de tarde:

ENTRADAS

Hora

Grupos de alumnos

Profesores responsables

15:50 (só os luns)

Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato

2

16:00 (só os luns)

Alumnado de 3º e 4º da ESO

4

16:10 (só os  luns)

Alumnado de 1º e 2º da ESO

4

15:45

Alumnado de 5º e 6º de primaria

2

15:40

Alumnado de 3º e 4º de primaria

2

15:30

Alumnado de 1º e 2º de primaria

2

15:20

Alumnado de infantil

3

 

SAÍDAS

Hora

Grupos de alumnos

Profesores responsables

18:20 (só os luns)

Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato

2

18:30 (só os luns)

Alumnado de 3º e 4º da ESO

4

18:40 (só os luns)

Alumnado de 1º e 2º da ESO

4

17:45

Alumnado de 5º e 6º de primaria

2

17:40

Alumnado de 3º e 4º de primaria

2

17:30

Alumnado de 1º e 2º de primaria

2

17:20

Alumnado de infantil

3


O alumnado entrará e sairá do centro de forma ordeada e áxil, de un en un, respectando sempre o horario e a distancia de 1.5 metros. No vestíbulo, haberá sinalizacións no piso que marquen 1 ringleiras de entrada e 1 de saída nas que se colocarán os alumnos, que serán conducidos a súa aula polo profesor responsable.

Queda estritamente prohibida a entrada de acompañantes ao alumnado ou persoal alleo ao centro durante os horarios de entrada e saída. Para evitar aglomeracións no exterior do centro e permitir a entrada gradual, recomendase chegar non máis de 5 minutos antes da hora sinalada, respectando sempre a distancia de seguridade de 1,5 metros.

As familias ou persoas alleas á comunidade educativa poderán acceder ao centro en horario de atención ao público: de luns a venres, de 10:15 a 12:15. De non poder achegarse neste horario, será preciso solicitar cita previa vía telefónica no 988230401 ou no correo: cpr.padrefeijoo.zorelle@edu.xunta.es

Podes atopar máis información sobre as entradas e saídas no noso Plan de Adaptación á situación COVID 19. 

jueves, 13 de agosto de 2020

Medidas de prevención e protección na aula

 

Para facer das aulas un lugar seguro, é moi importante que todos respectemos estas medidas de prevención e protección

  • Na aula, no propio pupitre ou noutro lugar diferenciado, como casilleiros ou mobles, o alumnado gardará o seu material de xeito diferenciado para evitar o contacto co resto dos/as compañeiros/as. Non se poderá usar material compartido sen a previa desinfección do mesmo. Recoméndase que no caso de ter que achegarse ao encerado cada alumno/a teña entre o seu material un xiz ou rotulador de encerado branco ou que se desinfecte o común antes de cada uso. Resulta recomendable que cada alumno/a teña o seu material gardado en contedores propios como estoxos ou semellantes e na medida do posible todo rotulado co seu nome. Nas perchas o material ou roupa colocárase do xeito mais individualizado posible.
  • No momento de entrada á aula ou no caso de cambio de aula dedicáranse uns minutos á desinfección da mesa e da cadeira coa dotación de desinfección existente na aula (panos desbotables e solución desinfectante). Aproveitaranse os primeiros minutos para lembrar os protocolos de hixiene e contacto social e permitir que lave as mans se non o fixo previamente.
  • Evitarase o desprazamento do alumnado da aula aínda que sí se permitirá levantarse para realizar pequenos estiramentos ou exercicios posturais que non impliquen moverse do posto escolar.
  • Deben realizarse tarefas de ventilación frecuente por espazo de polo menos 5 minutos (10 minutos cando a sala ou aula estivese ocupada previamente) ao inicio da xornada, ao finalizar e entre clases, sempre que sexa posible. Cando as condiciones meteorolóxicas e do edificio o permitan, manteranse as xanelas abertas o maior tempo posible. 

Grazas pola vosa colaboración!

miércoles, 12 de agosto de 2020

Uso de máscaras

 Desde hai uns meses, as máscaras son elementos cotiás de protección fronte a COVID 19. Sabes quen debe usalas, como e onde? Velaquí as respostas:



O alumnado e o profesorado, así como o restante persoal, teñen a obriga de usar máscaras fóra das aulas, coas excepcións específicas respecto do alumnado sentado nas aulas e das previsións do nivel de educación infantil e dos Grupos de Convivencia Estable, de conformidade co previsto no punto 8 do Plan de Adaptación na situación COVID 19.

É obrigatorio usar máscara de protección en todo caso nas circulacións polos espazos comúns (corredores, baños, escaleiras, etc), nas entradas e saídas ao centro, nos recreos, nas entradas e saídas do comedor escolar e na estancia na biblioteca.

Recoméndase que o profesorado utilice a máscara continuamente non só pola súa función de protección senón tamén polo seu carácter exemplificante. O uso adicional de viseiras protectoras non é obrigado aínda que non se prohibe para as persoas que voluntariamente as usen.


martes, 11 de agosto de 2020

Hixiene de mans

 Lavarse as mans é unha acción tan sinxela como importante para protexerse fronte ao coronavirus; porén, as veces non o facemos de forma adecuada. Non deixes de ler esta infografía para saber como lavar as mans para protexerte e protexernos!


Fonte: Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente al COVID 19 para centros educativos.

lunes, 10 de agosto de 2020

Titorías e comunicación coas familias


Xunto con este blog, a canle principal de información ás familias e persoas alleas ao centro e o noso sitio web e as páxinas nestas redes sociais:

·       Facebook

·       Twitter

·       Youtube

·       Instagram

Poden porse en contacto co centro a través das seguintes contas de correo electrónico:

·       cpr.padrefeijoo.zorelle@edu.xunta.es

·       feijoozorelle@gmail.com

Tamén poden contactar por vía telefónica, de luns a vernes de 10:15 a 12:15 nestes no 988230401.

As familias poden porse en contacto co profesorado a través do correo electrónico nas direccións que figuran na páxina web o usando o sistema de mensaxería da contorna virtual Edmodo. Fai clic nesta ligazón para saber como o sistema de mensaxería en Edmodo.

Todo o profesorado dispón dunha hora semanal de atención ás familias. As titorías realizaranse por vídeoconferencia empregando a plataforma con soporte institucional Cisco Webex, salvo circunstancias excepcionais nas que se empregará a vía telefónica ou moi excepcionais, nas que poderá acudir o proxenitor ou titor legal ao centro e reunirse con máscara nun espazo asignado para tal fin, o máis próximo posible a entrada ao centro, dotado con material de limpeza e que permita gardar a distancia mínima interpersoal.

Ve este vídeotitorial para saber como empregar o servizo de vídeoconferencias Cisco Webex.


Para realizar as titorías é preciso que a familia solicite cita previa cun mínimo de 24 horas de antelación por correo electrónico, a través sistema de mensaxería de Edmodo ou vía telefónica ao 988230401 de luns a venres de 10:15 a 12:15h.

As xuntanzas coas familias tamén realizaranse por vídeoconferencia usando Cisco Webex e serán convocadas e xestionadas polo titor do grupo e/ou por un membro do equipo directivo.

Como actuar en caso de ter síntomas?

Saber actuar en caso de ter síntomas ou de coñecer a alguén cercano que os poida ter pode axudarnos a controlar mellor as situacións que poidan xurdir estes días e presar axuda ás persoas da nosa contorna. 

Tan só hai que ter en conta 3 pasos:

1) Saber identificar os síntomas

2) Actuar en caso de ter síntomas 

3) Actuar se estivemos en contacto con persoas con síntomas 



jueves, 6 de agosto de 2020

Medidas de prevención básicas

 Ademais das medidas de protección persoal, é necesario que todos nos impliquemos na implementación de medidas xerais de prevención, recollidas neste cadro resumo.

Pincha na imaxe para agrandala

Regularmente actualizaremos o blog con información máis detallada sobre estas medidas, que tamén as podes atopar no noso Plan de Adaptación á situación COVID-19.

Grazas de antemán!

Medidas de prevención persoal

Fronte a crise sanitaria provocada polo SARS Cov-2, é fundamental ser conscientes de que podemos facer a nivel individual. Por iso inauguramos esta sección de medidas de prevención persoal que iremos actualizando con gráficos e infografías que ilustrarán a información recollida nestes cadros resumo.


Pincha na imaxe para agrandala

Fonte: Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente al COVID 19 para centros educativos.

miércoles, 5 de agosto de 2020

Plan de Continxencia

 Ademais do Plan de Adaptación á situación Covid, que regula a prevención e a protección no colexio fronte o SARS Cov 2, compartimos o Plan de Continxencia, que establece os procesos para o reinicio da actividade académica presencial no caso de que se teña interrompido como consecuencia da aparición dun abrocho que supoña o peche de aulas aula/etapa educativa/centro.


 Se tes calquera dúbida podes contactar con nós a través do formulario na parte superior dereita deste blog.

Grazas de antemán!

martes, 4 de agosto de 2020

Plan de adaptación á situación COVID-19

 Xa podes consultar en liña o noso Plan de Adaptación á situación COVID-19 no curso 2020-2021, un documento que establece medidas de limpeza, hixiene, prevención, protección e xestión de abrochos que serán implantadas desde o inicio de curso.


Se tes calquera dúbida, contacta con nós a través do formulario na parte superior dereita deste blog.