jueves, 28 de octubre de 2021

Fabulaforum en 3º ESO-A

 Os alumnos de 3º ESO-A tamén puxeron en marcha o Plan de Benestar Emocional traballando a resiliencia a través da unidade "Fabulaforum". 

Como comentamos en entradas anteriores, a primeira parte da actividade consistíu en recordar todas e cada unha das emocións xurdidas durante o confinamento e nas diferentes etapas da pandemia, ata hoxe. A continuación, debuxaron caras onde plasmaron as diferentes emocións. 







Na segunda sesión, os alumnos visionaron o conto "Orellas de Bolboreta", e analizaron os sentimentos da protagonista, poñéndose no seu caso e pensando en posibles solucións desde una postura resilente. Finalizaron a sesión intercambiando ideas sobre como desenvolver esta destreza tan necesaria. Parabéns, rapaces!





 

martes, 26 de octubre de 2021

Fabulaforum en 2º ESO-B

Os alumnos de 2º ESO-B, supervisados pola súa titora Sara, tamén levaron a cabo a 1ª unidade do noso Plan de benestar Emocional. Tal e como podedes ver na entrada anterior, Fabulaforum é unha actividade que axuda a recoñecer as diferentes emocións e a traballar a resiliencia. 


Nunha 1ª sesión de posta en común, os alumnos recordaron as diferentes emocións que sentiron ao longo dos meses de confinamento. Logo de identificar cada emoción, buscaron os rasgos que as caracterizan no libro Emocionario. Como peche á unidade lemos  "Orellas de bolboreta", unha inspiradora historia de superación na que a protagonista encara os seus problemas con resiliencia.






lunes, 18 de octubre de 2021

Fabulaforum para traballar a resiliencia

 Novas sobre o Plan de Benestar Emocional!

Encántanos Fabulaforum, un proxecto levado a cabo pol@s alumn@s de 3º ESO-B baixo a supervisión do seu titor, Daniel, cuxa finalidade é entender a importancia de emocións positivas e como levalas a cabo.




As actividades desenvolveronse en 3 fases:

  • Fase inicial: a través dunha asemblea, introducimos o termo resiliencia, buscamos exemplos de situacións difíciles na nosa vida cotiá e intercambiamos ideas sobre como afrontalas.
  • Fase intermedia: nesta fase atopamos inspiración de emocións positivas nun vídeo, Orellas de mariposa, a partir do cal elaboramos tarxetas para identificar de forma efectiva cada emoción.
  • Fase final: simulamos problemas cotiás e os afrontamos con resiliencia. Por suposto, reflexionamos xuntos sobre o aprendido e o resumimos nesta conclusión:


lunes, 4 de octubre de 2021

Plan de Continxencia 2021-22

 Ademais do Plan de Adaptación á situación Covid, que regula a prevención e a protección no colexio fronte o SARS Cov 2, compartimos o Plan de Continxencia, que establece os procesos para o reinicio da actividade académica presencial no caso de que se teña interrompido como consecuencia da aparición dun abrocho que supoña o peche de aulas aula/etapa educativa/centro.


 Se tes calquera dúbida podes contactar con nós a través do formulario na parte superior dereita deste blog.

Grazas de antemán!