jueves, 13 de agosto de 2020

Medidas de prevención e protección na aula

 

Para facer das aulas un lugar seguro, é moi importante que todos respectemos estas medidas de prevención e protección

  • Na aula, no propio pupitre ou noutro lugar diferenciado, como casilleiros ou mobles, o alumnado gardará o seu material de xeito diferenciado para evitar o contacto co resto dos/as compañeiros/as. Non se poderá usar material compartido sen a previa desinfección do mesmo. Recoméndase que no caso de ter que achegarse ao encerado cada alumno/a teña entre o seu material un xiz ou rotulador de encerado branco ou que se desinfecte o común antes de cada uso. Resulta recomendable que cada alumno/a teña o seu material gardado en contedores propios como estoxos ou semellantes e na medida do posible todo rotulado co seu nome. Nas perchas o material ou roupa colocárase do xeito mais individualizado posible.
  • No momento de entrada á aula ou no caso de cambio de aula dedicáranse uns minutos á desinfección da mesa e da cadeira coa dotación de desinfección existente na aula (panos desbotables e solución desinfectante). Aproveitaranse os primeiros minutos para lembrar os protocolos de hixiene e contacto social e permitir que lave as mans se non o fixo previamente.
  • Evitarase o desprazamento do alumnado da aula aínda que sí se permitirá levantarse para realizar pequenos estiramentos ou exercicios posturais que non impliquen moverse do posto escolar.
  • Deben realizarse tarefas de ventilación frecuente por espazo de polo menos 5 minutos (10 minutos cando a sala ou aula estivese ocupada previamente) ao inicio da xornada, ao finalizar e entre clases, sempre que sexa posible. Cando as condiciones meteorolóxicas e do edificio o permitan, manteranse as xanelas abertas o maior tempo posible. 

Grazas pola vosa colaboración!

No hay comentarios:

Publicar un comentario