O Plan de Adaptación e o Plan de Continxencia determinan como actuar no caso de sospeita ou confirmación dun caso de COVID 19 na nosa comunidade educativa, resumidos nesta infografía:
Velaquí as medidas a seguir:
Para xestionar os posibles gromos,
o centro seguirá as medidas recollidas nas páxinas 29-33 do Protocolo deadaptación ao contexto da COVID 19 das Consellerías de Sanidade e Educación,
que define gromo como a aparición súbita dunha enfermidade epidémica entre a
poboación nun determinado lugar, sendo sinónimo de abrocho ou brote.
Xestión dos gromos
· Non
asistirán ao centro aqueles estudantes, docentes e otros profesionais que teñan
síntomas compatibles con COVID-19, así como aqueles que se atopen en illamento
por diagnóstico de COVID-19, ou en período de corentena domiciliaria por ter
contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
Tampouco acudirán ao centros as persoas en espera de resultado de PCR por
sospeita clínica.
·
Diante dun suposto no que unha persoa ou
alumno/a da que se sospeita que comeza a desenvolver síntomas compatibles con
COVID-19 no centro educativo as medidas de prevención e control levaranse a
cabo por parte do SERGAS en base ao documento técnico elaborado pola Ponencia
de Alertas y Planes de Preparación y Respuesta: ”Guía de actuación ante la
aparición de casos de COVID-19 en centros educativos”, en virtude da mesma: Levarase
a un espazo separado de uso individual, colocaráselle unha máscara cirúrxica
(tanto ao que iniciou síntomas como á persoa que quede ao seu coidado), e contactarase
coa familia, no caso de afectar a alumnado. A persoa ou o seu titor deberán
chamar ao seu centro de saúde de Atención Primaria para solicitar consulta, ou
ao teléfono de referencia do SERGAS e seguiranse as súas instrucións. En caso
de presentar síntomas de gravidade ou dificultade respiratoria chamarase ao
061. O/A traballador/a que inicie síntomas debe abandonar o centro protexido
por máscara cirúrxica, e logo de seguir as instrucións do centro de saúde ata
que a súa situación médica sexa valorada por un profesional sanitario. De
confirmarse o positivo, o equipo Covid do centro escolar comunicarao ao equipo
Covid-escola do centro de saúde de referencia.
·
No
suposto da aparición dun caso, ou dunha sospeita, de coronavirus tanto sexa do
alumnado, profesorado ou persoal do centro, a persoa coordinadora do equipo
formado na COVID-19 incluirá na aplicación informática a información prevista
do eventual afectado/a; os que teñan a consideración de contactos estreitos, os
dos compañeiros/as afectados/as e do seu profesorado, así como de quen poida
ser unha persoa próxima que estea vencellada ao centro educativo. A aplicación
xerará unha alerta no Central de Seguimento de Contactos (CSC) quen se
encargará da vixilancia evolutiva das persoas identificadas como contactos.
Cando o fluxo de información proceda da autoridade sanitaria incorporarase a
mesma información.
·
A
familia dun neno ou nena con sospeita de contaxio, deberá solicitar unha
consulta telefónica co seu pediatra para que este avalíe a necesidade de solicitude
dunha proba diagnóstica.
·
Tras
a aparición dun caso confirmado da Covid 19 seguiranse as instrucións da
Autoridade Sanitaria.
Escenarios no suposto de gromos
A autoridade sanitaria, en
función do número de contaxios, poderá ordenar a corentena dun grupo
determinado de contactos estreitos do centro escolar, o peche dunha ou varias
aulas, dun nivel educativo ou do centro educativo na súa totalidade de
conformidade co previsto na ”Guía de actuación ante la aparición de casos de
COVID-19 en centros educativos”, e co “Protocolo de actuación da Consellería de
Sanidade en materia de Saúde Pública en relación con illamentos e corentenas
para a prevención e control da infección por SARS-Co-V-2” publicada por Orde da
Consellería de Sanidade no D.O.G. do 20 de agosto de 2020, cos seguintes
supostos:
·
Tendo
en conta que segundo o criterio epidemiolóxico considerase contacto estreito a
calquera alumno, ou profesional do centro educativo, profesor ou outro
traballador que compartise espazo co caso confirmado a unha distancia <2
metros ao redor do caso confirmado durante máis de 15 minutos sen utilizar a
máscara os contactos serán determinados pola autoridade sanitaria segundo os
protocolos vixentes en cada momento.
·
As
persoas que teñan a consideración de contactos estreitos da persoa cun
diagnóstico confirmado (cunha obriga de illamento durante 10 días) deberán
entran en corentena, estando corentenados nos seus domicilios e suspenderán
mentres dure este a ensinanza presencial polo un período de 14 días. O restante
alumnado da aula que non teña a consideración de contacto estreito poderá
continuar coa asistencia presencial á aula. Aos contactos estreitos
realizaráselle unha proba de COVID nun prazo non superior a 48 horas para
identificar ás persoas que teñan unha posible infección por COVID-19.
·
En función da intensidade e virulencia do
gromo, así como do número de persoas e niveis educativos afectados a Autoridade
Sanitaria poderá acordar a medida de corentena da totalidade das persoas que conforman
unha aula, das que conforman un nivel educativo completo onde teña xurdido o
gromo ou, de ser o caso, da totalidade das persoas que integran o centro. A
medida será proposta pola Autoridade Sanitaria dentro do Grupo de Coordinación
e Seguimento da Pandemia, previsto no punto 10.1 do protocolo de Adaptación á
Situación COVID.
A aparición dun contaxio sospeitoso con posterior
confirmación é un suposto de declaración obrigatoria que implicará por parte da
autoridade sanitaria a obriga de entrada en illamento de polo menos 10 días no
caso da persoa enferma, e de entrada en corentena de 14 días a todas as persoas
que teñan a consideración de contacto estreito de conformidade coas indicacións
das autoridades sanitarias.
A suspensión da actividade lectiva presencial suporá a
aplicación das normas previstas no 14 do Plan de Continxencia do centro
relativas ao ensino a distancia.
Finalizado o período de illamento das persoas que conforman
unha aula, nivel educativo ou centro realizarase un proceso de retorno a
actividade educativa ordinaria presencial. O Grupo de Coordinación e Seguimento
da Pandemia determinará o momento a partir do cal se iniciará o retorno e as medidas
específicas que sexa preciso adoptar e o comunicará ao centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario