jueves, 18 de marzo de 2021

A Receita da Felicidade

 Arranca o noso Plan de Benestar Emocional cun entrañable obradoiro cos peques de 5 anos! Da man do equipo de orientación aprenderon a “Receita da Felicidade” con ingredientes clave para conseguir o benestar no noso día a día.




Se queres descubrila, visita o blog do departamento de Orientación.

viernes, 5 de marzo de 2021

Obradoiro de prevención e protección ante a COVID 19

 Os alumnos de 1º da ESO participaron nun obradoiro moi ameno no que Fátima Rodríguez Piña amosou que medidas de prevención tomar para protexernos ante a Covid-19.  



Aprenderon os usos e graos de efectividade dos diferentes tipos de máscaras dispoñibles hoxe en día e, a través de experimentos sinxelos, pudieron descubrir o mecanismo de acción do alcol e do xabón.

Grazas, Fátima!