Desde hai uns meses, as máscaras son elementos cotiás de protección fronte a COVID 19. Sabes quen debe usalas, como e onde? Velaquí as respostas:
O alumnado e o profesorado,
así como o restante persoal, teñen a obriga de usar máscaras fóra das aulas, coas
excepcións específicas respecto do alumnado sentado nas aulas e das previsións
do nivel de educación infantil e dos Grupos de Convivencia Estable, de
conformidade co previsto no punto 8 do Plan de Adaptación na situación COVID 19.
É obrigatorio usar máscara
de protección en todo caso nas circulacións polos espazos comúns (corredores,
baños, escaleiras, etc), nas entradas e saídas ao centro, nos recreos, nas
entradas e saídas do comedor escolar e na estancia na biblioteca.
Recoméndase que o
profesorado utilice a máscara continuamente non só pola súa función de
protección senón tamén polo seu carácter exemplificante. O uso adicional de
viseiras protectoras non é obrigado aínda que non se prohibe para as persoas
que voluntariamente as usen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario