lunes, 18 de octubre de 2021

Fabulaforum para traballar a resiliencia

 Novas sobre o Plan de Benestar Emocional!

Encántanos Fabulaforum, un proxecto levado a cabo pol@s alumn@s de 3º ESO-B baixo a supervisión do seu titor, Daniel, cuxa finalidade é entender a importancia de emocións positivas e como levalas a cabo.




As actividades desenvolveronse en 3 fases:

  • Fase inicial: a través dunha asemblea, introducimos o termo resiliencia, buscamos exemplos de situacións difíciles na nosa vida cotiá e intercambiamos ideas sobre como afrontalas.
  • Fase intermedia: nesta fase atopamos inspiración de emocións positivas nun vídeo, Orellas de mariposa, a partir do cal elaboramos tarxetas para identificar de forma efectiva cada emoción.
  • Fase final: simulamos problemas cotiás e os afrontamos con resiliencia. Por suposto, reflexionamos xuntos sobre o aprendido e o resumimos nesta conclusión:


lunes, 4 de octubre de 2021

Plan de Continxencia 2021-22

 Ademais do Plan de Adaptación á situación Covid, que regula a prevención e a protección no colexio fronte o SARS Cov 2, compartimos o Plan de Continxencia, que establece os procesos para o reinicio da actividade académica presencial no caso de que se teña interrompido como consecuencia da aparición dun abrocho que supoña o peche de aulas aula/etapa educativa/centro.


 Se tes calquera dúbida podes contactar con nós a través do formulario na parte superior dereita deste blog.

Grazas de antemán!

jueves, 23 de septiembre de 2021

Plan de Adaptación á Situación COVID 2021-22

  Xa podes consultar en liña o noso Plan de Adaptación á situación COVID-19 no curso 2020-2021, un documento que establece medidas de limpeza, hixiene, prevención, protección e xestión de abrochos que serán implantadas desde o inicio de curso.


Se tes calquera dúbida, contacta con nós a través do formulario na parte superior dereita deste blog.

jueves, 18 de marzo de 2021

A Receita da Felicidade

 Arranca o noso Plan de Benestar Emocional cun entrañable obradoiro cos peques de 5 anos! Da man do equipo de orientación aprenderon a “Receita da Felicidade” con ingredientes clave para conseguir o benestar no noso día a día.




Se queres descubrila, visita o blog do departamento de Orientación.

viernes, 5 de marzo de 2021

Obradoiro de prevención e protección ante a COVID 19

 Os alumnos de 1º da ESO participaron nun obradoiro moi ameno no que Fátima Rodríguez Piña amosou que medidas de prevención tomar para protexernos ante a Covid-19.  



Aprenderon os usos e graos de efectividade dos diferentes tipos de máscaras dispoñibles hoxe en día e, a través de experimentos sinxelos, pudieron descubrir o mecanismo de acción do alcol e do xabón.

Grazas, Fátima!

viernes, 19 de febrero de 2021

Plan de Benestar Emocional

 Boas novas!

A Consellería de Educación ven de publicar o Plan de Benestar Emocional e pono a disposición dos centros educativos para polo en marcha no que resta de curso. O texto pódese consultar nesta ligazón e veredes que inclúe propostas moi interesantes e útiles para atenuar o impacto da pandemia no noso día a día.



A modo de resumo, o plan inclúe propostas didácticas listas para usar na aula e agrupadas en 4 bloques:

  • Conecta: actividades que favorecen a creación de espazos de comunicación, escoita e de identificación de emocións.
  • Respecta: propostas para respectar as normas sociais e hixiénicas derivadas da crise da COVID 19.
  • Regula: actividades para regular as nosas emocións abordar situacións de estrés e de dó e resolver conflitos.
  • Vive: actividades para promover actitudes positivas, sentimientos de gratitude e solidaridade para recoñecer o esforzo e xerar un beneficio común.
O plan promete! Estamos desexando pólo en marcha!

martes, 17 de noviembre de 2020

Só a Ciencia nos rescatará da pandemia

Con motivo do Mes da Ciencia en Galego, os alumnos de 4º ESO e 2º de Bacharelato foron convidados ao webinario "Só a ciencia nos rescatará da pandemia"  organizado polo CAFI e impartido por Sonia Villapol, neurocientífica e profesora do departamento de Neurocirurxía do Centro de Neurorexeneración do Instituto de Investigación Metodista en Houston.




Podes velo neste vídeo:


Grazas ao CAFI por esta oportunidade!