Bo día!
Hoxe compartimos un vídeo do Servizo Galego de Saúde que nos explica os erros máis frecuentes no uso das máscaras. Non deixedes de velo!
Canle de comunicación do equipo COVID, formado para axudar a facer do colexio unha contorna escolar saudable e segura
Bo día!
Hoxe compartimos un vídeo do Servizo Galego de Saúde que nos explica os erros máis frecuentes no uso das máscaras. Non deixedes de velo!
Bo día a todos!
Non deixedes de ver este vídeo que nos amosa a como protexernos fronte ao coronavirus:
Nunha entrada anterior tratamos as recomendacións básicas para un uso correcto das máscaras de protección. Hoxe recomendámosvos ler este artigo no que atoparedes respostas a como quitarse e porse a máscara antes e despois de comer e beber, onde e como gardala, e como non usala.
Fonte: Eldiario.es
As consellerías de sanidade e educación recomendan completar esta enquisa antes de vires o centro, unha forma rápida e eficaz de comprobar se tes síntomas compatibles coa COVID 19. Recorda o que has de facer se recoñeces síntomas compatibles.
Grazas de antemán!
Os exames de setembro comezan o día 1 e, dada a crise COVID 19 que estamos a vivir, é preciso tomar medidas hixiénico-sanitarias para facer do centro un lugar seguro.
Se vas facer os exames de setembro, por favor, le en detalle as medidas nesta ligazón ou pincha na imaxe.
Podes consultar o calendario de exames nesta ligazón.
Grazas pola túa colaboración!
O Plan de Adaptación e o Plan de Continxencia determinan como actuar no caso de sospeita ou confirmación dun caso de COVID 19 na nosa comunidade educativa, resumidos nesta infografía:
Velaquí as medidas a seguir:
Para xestionar os posibles gromos,
o centro seguirá as medidas recollidas nas páxinas 29-33 do Protocolo deadaptación ao contexto da COVID 19 das Consellerías de Sanidade e Educación,
que define gromo como a aparición súbita dunha enfermidade epidémica entre a
poboación nun determinado lugar, sendo sinónimo de abrocho ou brote.
Xestión dos gromos
· Non
asistirán ao centro aqueles estudantes, docentes e otros profesionais que teñan
síntomas compatibles con COVID-19, así como aqueles que se atopen en illamento
por diagnóstico de COVID-19, ou en período de corentena domiciliaria por ter
contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
Tampouco acudirán ao centros as persoas en espera de resultado de PCR por
sospeita clínica.
·
Diante dun suposto no que unha persoa ou
alumno/a da que se sospeita que comeza a desenvolver síntomas compatibles con
COVID-19 no centro educativo as medidas de prevención e control levaranse a
cabo por parte do SERGAS en base ao documento técnico elaborado pola Ponencia
de Alertas y Planes de Preparación y Respuesta: ”Guía de actuación ante la
aparición de casos de COVID-19 en centros educativos”, en virtude da mesma: Levarase
a un espazo separado de uso individual, colocaráselle unha máscara cirúrxica
(tanto ao que iniciou síntomas como á persoa que quede ao seu coidado), e contactarase
coa familia, no caso de afectar a alumnado. A persoa ou o seu titor deberán
chamar ao seu centro de saúde de Atención Primaria para solicitar consulta, ou
ao teléfono de referencia do SERGAS e seguiranse as súas instrucións. En caso
de presentar síntomas de gravidade ou dificultade respiratoria chamarase ao
061. O/A traballador/a que inicie síntomas debe abandonar o centro protexido
por máscara cirúrxica, e logo de seguir as instrucións do centro de saúde ata
que a súa situación médica sexa valorada por un profesional sanitario. De
confirmarse o positivo, o equipo Covid do centro escolar comunicarao ao equipo
Covid-escola do centro de saúde de referencia.
·
No
suposto da aparición dun caso, ou dunha sospeita, de coronavirus tanto sexa do
alumnado, profesorado ou persoal do centro, a persoa coordinadora do equipo
formado na COVID-19 incluirá na aplicación informática a información prevista
do eventual afectado/a; os que teñan a consideración de contactos estreitos, os
dos compañeiros/as afectados/as e do seu profesorado, así como de quen poida
ser unha persoa próxima que estea vencellada ao centro educativo. A aplicación
xerará unha alerta no Central de Seguimento de Contactos (CSC) quen se
encargará da vixilancia evolutiva das persoas identificadas como contactos.
Cando o fluxo de información proceda da autoridade sanitaria incorporarase a
mesma información.
·
A
familia dun neno ou nena con sospeita de contaxio, deberá solicitar unha
consulta telefónica co seu pediatra para que este avalíe a necesidade de solicitude
dunha proba diagnóstica.
·
Tras
a aparición dun caso confirmado da Covid 19 seguiranse as instrucións da
Autoridade Sanitaria.
Escenarios no suposto de gromos
A autoridade sanitaria, en
función do número de contaxios, poderá ordenar a corentena dun grupo
determinado de contactos estreitos do centro escolar, o peche dunha ou varias
aulas, dun nivel educativo ou do centro educativo na súa totalidade de
conformidade co previsto na ”Guía de actuación ante la aparición de casos de
COVID-19 en centros educativos”, e co “Protocolo de actuación da Consellería de
Sanidade en materia de Saúde Pública en relación con illamentos e corentenas
para a prevención e control da infección por SARS-Co-V-2” publicada por Orde da
Consellería de Sanidade no D.O.G. do 20 de agosto de 2020, cos seguintes
supostos:
·
Tendo
en conta que segundo o criterio epidemiolóxico considerase contacto estreito a
calquera alumno, ou profesional do centro educativo, profesor ou outro
traballador que compartise espazo co caso confirmado a unha distancia <2
metros ao redor do caso confirmado durante máis de 15 minutos sen utilizar a
máscara os contactos serán determinados pola autoridade sanitaria segundo os
protocolos vixentes en cada momento.
·
As
persoas que teñan a consideración de contactos estreitos da persoa cun
diagnóstico confirmado (cunha obriga de illamento durante 10 días) deberán
entran en corentena, estando corentenados nos seus domicilios e suspenderán
mentres dure este a ensinanza presencial polo un período de 14 días. O restante
alumnado da aula que non teña a consideración de contacto estreito poderá
continuar coa asistencia presencial á aula. Aos contactos estreitos
realizaráselle unha proba de COVID nun prazo non superior a 48 horas para
identificar ás persoas que teñan unha posible infección por COVID-19.
·
En función da intensidade e virulencia do
gromo, así como do número de persoas e niveis educativos afectados a Autoridade
Sanitaria poderá acordar a medida de corentena da totalidade das persoas que conforman
unha aula, das que conforman un nivel educativo completo onde teña xurdido o
gromo ou, de ser o caso, da totalidade das persoas que integran o centro. A
medida será proposta pola Autoridade Sanitaria dentro do Grupo de Coordinación
e Seguimento da Pandemia, previsto no punto 10.1 do protocolo de Adaptación á
Situación COVID.
A aparición dun contaxio sospeitoso con posterior
confirmación é un suposto de declaración obrigatoria que implicará por parte da
autoridade sanitaria a obriga de entrada en illamento de polo menos 10 días no
caso da persoa enferma, e de entrada en corentena de 14 días a todas as persoas
que teñan a consideración de contacto estreito de conformidade coas indicacións
das autoridades sanitarias.
A suspensión da actividade lectiva presencial suporá a
aplicación das normas previstas no 14 do Plan de Continxencia do centro
relativas ao ensino a distancia.
Finalizado o período de illamento das persoas que conforman
unha aula, nivel educativo ou centro realizarase un proceso de retorno a
actividade educativa ordinaria presencial. O Grupo de Coordinación e Seguimento
da Pandemia determinará o momento a partir do cal se iniciará o retorno e as medidas
específicas que sexa preciso adoptar e o comunicará ao centro.
A entrada principal é a única vía de
acceso ao centro polo que o alumnado agruparase por cursos para as entradas e
saídas, que seguirán un horario estrito e estarán supervisadas polos profesores
titores ou, no seu defecto, por profesorado non titor que teña clase a primeira
ou última hora co grupo correspondente:
Quenda de mañá:
ENTRADAS |
||
Hora |
Grupos de alumnos |
Profesores responsables |
9:00 |
Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato |
2 |
9:10 |
Alumnado de 3º e 4º da ESO |
4 |
9:20 |
Alumnado de 1º e 2º da ESO |
4 |
9:30 |
Alumnado de 5º e 6º de primaria |
2 |
9:40 |
Alumnado de 3º e 4º de primaria |
2 |
9:50 |
Alumnado de 1º e 2º de primaria |
2 |
10:00 |
Alumnado de infantil |
3 |
SAÍDAS |
||
Hora |
Grupos de alumnos |
Profesores responsables |
14:15 |
Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato |
2 |
14:05 |
Alumnado de 3º e 4º da ESO |
4 |
13:55 |
Alumnado de 1º e 2º da ESO |
4 |
12:30 |
Alumnado de 5º e 6º de primaria |
2 |
12:40 |
Alumnado de 3º e 4º de primaria |
2 |
12:50 |
Alumnado de 1º e 2º de primaria |
2 |
13:00 |
Alumnado de infantil |
3 |
Quenda de tarde:
ENTRADAS |
||
Hora |
Grupos de alumnos |
Profesores responsables |
15:50 (só os luns) |
Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato |
2 |
16:00 (só os luns) |
Alumnado de 3º e 4º da ESO |
4 |
16:10 (só os luns) |
Alumnado de 1º e 2º da ESO |
4 |
15:45 |
Alumnado de 5º e 6º de primaria |
2 |
15:40 |
Alumnado de 3º e 4º de primaria |
2 |
15:30 |
Alumnado de 1º e 2º de primaria |
2 |
15:20 |
Alumnado de infantil |
3 |
SAÍDAS |
||
Hora |
Grupos de alumnos |
Profesores responsables |
18:20 (só os luns) |
Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato |
2 |
18:30 (só os luns) |
Alumnado de 3º e 4º da ESO |
4 |
18:40 (só os luns) |
Alumnado de 1º e 2º da ESO |
4 |
17:45 |
Alumnado de 5º e 6º de primaria |
2 |
17:40 |
Alumnado de 3º e 4º de primaria |
2 |
17:30 |
Alumnado de 1º e 2º de primaria |
2 |
17:20 |
Alumnado de infantil |
3 |
O alumnado entrará e sairá
do centro de forma ordeada e áxil, de un en un, respectando sempre o horario e
a distancia de 1.5 metros. No
vestíbulo, haberá sinalizacións no piso que marquen 1 ringleiras de entrada e 1 de saída nas que se colocarán os alumnos, que serán
conducidos a súa aula polo profesor responsable.
Queda estritamente prohibida
a entrada de acompañantes ao alumnado ou persoal alleo ao centro durante os
horarios de entrada e saída. Para
evitar aglomeracións no exterior do centro e permitir a entrada gradual, recomendase
chegar non máis de 5 minutos antes da hora sinalada, respectando sempre a
distancia de seguridade de 1,5 metros.
As familias ou persoas
alleas á comunidade educativa poderán acceder ao centro en horario de atención
ao público: de luns a venres, de 10:15 a 12:15. De non poder achegarse neste
horario, será preciso solicitar cita previa vía telefónica no 988230401 ou no
correo: cpr.padrefeijoo.zorelle@edu.xunta.es
Podes atopar máis información sobre as entradas e saídas no noso Plan de Adaptación á situación COVID 19.
Para facer das aulas un lugar seguro, é moi importante que todos respectemos estas medidas de prevención e protección
Grazas pola vosa colaboración!
Desde hai uns meses, as máscaras son elementos cotiás de protección fronte a COVID 19. Sabes quen debe usalas, como e onde? Velaquí as respostas:
O alumnado e o profesorado,
así como o restante persoal, teñen a obriga de usar máscaras fóra das aulas, coas
excepcións específicas respecto do alumnado sentado nas aulas e das previsións
do nivel de educación infantil e dos Grupos de Convivencia Estable, de
conformidade co previsto no punto 8 do Plan de Adaptación na situación COVID 19.
É obrigatorio usar máscara
de protección en todo caso nas circulacións polos espazos comúns (corredores,
baños, escaleiras, etc), nas entradas e saídas ao centro, nos recreos, nas
entradas e saídas do comedor escolar e na estancia na biblioteca.
Recoméndase que o
profesorado utilice a máscara continuamente non só pola súa función de
protección senón tamén polo seu carácter exemplificante. O uso adicional de
viseiras protectoras non é obrigado aínda que non se prohibe para as persoas
que voluntariamente as usen.
Lavarse as mans é unha acción tan sinxela como importante para protexerse fronte ao coronavirus; porén, as veces non o facemos de forma adecuada. Non deixes de ler esta infografía para saber como lavar as mans para protexerte e protexernos!
Fonte: Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente al COVID 19 para centros educativos.
Xunto con este blog, a canle principal de información ás familias e persoas alleas ao centro e o noso sitio web e as páxinas nestas redes sociais:
· Youtube
Poden porse en contacto co
centro a través das seguintes contas de correo electrónico:
·
cpr.padrefeijoo.zorelle@edu.xunta.es
Tamén poden contactar por vía telefónica, de luns a vernes de 10:15 a 12:15 nestes no 988230401.
As familias poden porse en contacto co profesorado a través do correo electrónico nas direccións que figuran na páxina web o usando o sistema de mensaxería da contorna virtual Edmodo. Fai clic nesta ligazón para saber como o sistema de mensaxería en Edmodo.
Todo o profesorado dispón
dunha hora semanal de atención ás familias. As titorías realizaranse por vídeoconferencia empregando a
plataforma con soporte institucional Cisco Webex, salvo circunstancias
excepcionais nas que se empregará a vía telefónica ou moi excepcionais, nas que
poderá acudir o proxenitor ou titor legal ao centro e reunirse con máscara nun
espazo asignado para tal fin, o máis próximo posible a entrada ao centro,
dotado con material de limpeza e que permita gardar a distancia mínima interpersoal.
Ve este vídeotitorial para saber como empregar o servizo de vídeoconferencias Cisco Webex.
Para realizar as titorías é preciso que a familia solicite cita previa cun mínimo de 24 horas de antelación por correo electrónico, a través sistema de mensaxería de Edmodo ou vía telefónica ao 988230401 de luns a venres de 10:15 a 12:15h.
As xuntanzas coas familias
tamén realizaranse por vídeoconferencia usando Cisco Webex e serán convocadas e
xestionadas polo titor do grupo e/ou por un membro do equipo directivo.
Saber actuar en caso de ter síntomas ou de coñecer a alguén cercano que os poida ter pode axudarnos a controlar mellor as situacións que poidan xurdir estes días e presar axuda ás persoas da nosa contorna.
Tan só hai que ter en conta 3 pasos:
1) Saber identificar os síntomas
2) Actuar en caso de ter síntomas
3) Actuar se estivemos en contacto con persoas con síntomas
Ademais das medidas de protección persoal, é necesario que todos nos impliquemos na implementación de medidas xerais de prevención, recollidas neste cadro resumo.
Regularmente actualizaremos o blog con información máis detallada sobre estas medidas, que tamén as podes atopar no noso Plan de Adaptación á situación COVID-19.
Grazas de antemán!
Fronte a crise sanitaria provocada polo SARS Cov-2, é fundamental ser conscientes de que podemos facer a nivel individual. Por iso inauguramos esta sección de medidas de prevención persoal que iremos actualizando con gráficos e infografías que ilustrarán a información recollida nestes cadros resumo.
Pincha na imaxe para agrandala
Fonte: Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente al COVID 19 para centros educativos.
Ademais do Plan de Adaptación á situación Covid, que regula a prevención e a protección no colexio fronte o SARS Cov 2, compartimos o Plan de Continxencia, que establece os procesos para o reinicio da actividade académica presencial no caso de que se teña interrompido como consecuencia da aparición dun abrocho que supoña o peche de aulas aula/etapa educativa/centro.
Se tes calquera dúbida podes contactar con nós a través do formulario na parte superior dereita deste blog.
Grazas de antemán!
Xa podes consultar en liña o noso Plan de Adaptación á situación COVID-19 no curso 2020-2021, un documento que establece medidas de limpeza, hixiene, prevención, protección e xestión de abrochos que serán implantadas desde o inicio de curso.
Se tes calquera dúbida, contacta con nós a través do formulario na parte superior dereita deste blog.