viernes, 27 de mayo de 2022

Actualización do protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino

 A administración ven de publicar esta actualización do Protocolo COVID-19, na que se recollen as últimas medidas. Velaquí un resumo das novidades máis destacables:

  • Levantamento das restricións das capacidades máximas dos espazos, que pasan a ser as que tiñamos antes da chegada da pandemia. 
  • Recomendación de usar a máscara nos centros educativos aínda que desaparece a obrigatoriedade (agás para determinados supostos, cando así o indicaren criterios sanitarios). 
  • Posibilidade de compartir obxectos, tanto dentro do grupo como entre grupos, asegurando unha axeitada hixiene de mans.
  • Non limitación de contactos entre grupos/aulas, en interiores e exteriores.
  • As familias poden acceder tanto aos espazos interiores como aos espazos exteriores e tanto para a entrada e saída do alumnado do centro como para outras actividades, evitando axuntamentos de persoas. 
  • Posibilidade de reunións de titoría individual con alumnado e/ou as súas familias en espazos interiores ben ventilados, cumprindo sempre coas medidas de protección e hixiene que estiveren vixentes en cada momento.
  • Mantemento do sistema de ventilación permanente, coas portas das aulas e xanelas (neste caso, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan) sempre abertas.
  • Recomendación da non asistencia ao centro cando unha persoa presentar síntomas agudos compatibles coa COVID-19 ou outra enfermidade infecciosa aguda e transmisible.
  • Levantamento de restricións (a non ser as que se decretaren especificamente) para a celebración das actividades extraescolares e complementarias.
  • Posibilidade de mesturar grupos ou aulas en actividades extraescolares, ao aire libre e en interiores.


No hay comentarios:

Publicar un comentario