miércoles, 7 de septiembre de 2022

Novas instrucións para a xestión da COVID 19 no curso 2022-23

 A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade ven de publicar novas instrucións para xestionar a situación da COVID 19 durante o curso 2022-23. Podes consultalas nesta ligazón.

Bo comezo!

lunes, 6 de junio de 2022

7ª unidade do Plan de Benestar Emocional: Xogos Reunidos

 A menos de 3 semanas para que remate o curso, vimos de pechar o Plan de Benestar Emocional coa 7ª e última unidade didáctica, titulada Xogos Reunidos. Logo de repasar todas as emocións tratadas ao longo do curso, centrámonos na aceptación (das nosas debilidades e fortalezas) e na ilusión, as ganas de potenciar as primeiras e minimizar as últimas a través de proxectos e acción que nos motiven. E todo isto, a través de xogos interactivos creados polo alumnado. Parabéns a todos e esperamos con ilusión o Plan do curso que ven!















 

viernes, 27 de mayo de 2022

Actualización do protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino

 A administración ven de publicar esta actualización do Protocolo COVID-19, na que se recollen as últimas medidas. Velaquí un resumo das novidades máis destacables:

  • Levantamento das restricións das capacidades máximas dos espazos, que pasan a ser as que tiñamos antes da chegada da pandemia. 
  • Recomendación de usar a máscara nos centros educativos aínda que desaparece a obrigatoriedade (agás para determinados supostos, cando así o indicaren criterios sanitarios). 
  • Posibilidade de compartir obxectos, tanto dentro do grupo como entre grupos, asegurando unha axeitada hixiene de mans.
  • Non limitación de contactos entre grupos/aulas, en interiores e exteriores.
  • As familias poden acceder tanto aos espazos interiores como aos espazos exteriores e tanto para a entrada e saída do alumnado do centro como para outras actividades, evitando axuntamentos de persoas. 
  • Posibilidade de reunións de titoría individual con alumnado e/ou as súas familias en espazos interiores ben ventilados, cumprindo sempre coas medidas de protección e hixiene que estiveren vixentes en cada momento.
  • Mantemento do sistema de ventilación permanente, coas portas das aulas e xanelas (neste caso, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan) sempre abertas.
  • Recomendación da non asistencia ao centro cando unha persoa presentar síntomas agudos compatibles coa COVID-19 ou outra enfermidade infecciosa aguda e transmisible.
  • Levantamento de restricións (a non ser as que se decretaren especificamente) para a celebración das actividades extraescolares e complementarias.
  • Posibilidade de mesturar grupos ou aulas en actividades extraescolares, ao aire libre e en interiores.


martes, 22 de marzo de 2022

6ª unidade do Plan de Benestar Emocional: a alegría

 O alumnado de 4º de ESO-A ven de levar a cabo a sexta unidade do noso Plan de Benestar Emocional na que reflexionaron sobre estados de ánimo aparentemente opostos: a alegría e a tristeza así como das súas respectivas manifestacións físicas.




Logo de debater e chegar á conclusión de que ambos estados son parte da riqueza da vida e que poden ser xestionados,  fixeron unha posta en común daquelas actividades e momentos que lles fan sentir alegres.







Grazas por compartir!

martes, 22 de febrero de 2022

¡Cambiamos tocarnos por mirarnos!

Os máis peques do cole tamén levaron a cabo diferentes actividades do Plan de Benestar Emocional para de forma lúdica saber identificar e xestionar as emocións e descubrir novas maneiras de saudar.









Para saber máis, visita os blogs de aula:

5 ANOS

4 ANOS

3 ANOS

 


jueves, 17 de febrero de 2022

Mural pola inclusión

 Encántanos este mural que celebra a inclusión creado polo alumnado de 4º ESO-B logo de levar a cabo a 4º unidade do noso Plan de Benestar Emocional. Parabéns!



viernes, 11 de febrero de 2022

5ª unidade do Plan de Benestar Emocional

O alumnado de ESO ven de levar a cabo a 5ª unidade do nos Plan de Benestar Emocional “Bicos de lapis, bicos de picas” coa que reflexionar do porque manter a distancia de seguridade nestes tempos de COVID para poder estar cada día máis cerca. 
 





 



Ademais, vimos a curtametraxe "Boundin, la oveja rapada", unha bonita historia sobre como xestionar as emocións negativas e poder así ser máis resilientes.