martes, 29 de septiembre de 2020

Manual de intelixencia emocional

 Boa tarde a todos!

Hoxe compartimos un manual de APES , asociación coa que colaboramos de cotío, que recolle a experiencia de familias durante o confinamento así como consellos e ideas para afrontar mellor a crise da COVID-19.


Podédelo descargar nesta ligazón ou facendo clic na imaxe.

 


lunes, 28 de septiembre de 2020

Uso de máscaras IV

 Compartimos esta ligazón a un vídeo recomendado no blog de música de primaria con consellos útiles para mellorar a osixenación cando levamos máscara e así conseguir unha mellor proxección da nosa voz.

miércoles, 23 de septiembre de 2020

Guía para o inicio de curso

 As consellerías de educación e de sanidade veñen de publicar unha guía-resumo do protocolo para a situación COVID-19, cuxa finalidade e protexernos do contaxio e facer das escolas unha contorna segura e saudable. Podes lela AQUÍ ou facendo clic na imaxe.


 

martes, 22 de septiembre de 2020

Actualización dos protocolos de adaptación á COVID 19

 As consellerías de educación e sanidade veñen de publicar unha resolución pola que se actualiza o protocolo que rexe os nosos plans COVID 19: o plan de adaptación e o plan de continxencia.

Fai clic aquí para ler a nova versión do protocolo. Ademais, a administración publicou protocolos específicos de prevención de contaxios no servizo de comedor e para alumnos con necesidades educativas especiais.

Adaptaremos os nosos plans axiña. Estade atentos!

lunes, 7 de septiembre de 2020

Recomendacións para unha volta segura

Agora que se achega o inicio do curso 2020-21, compartimos este tríptico do Colexio Oficial de Enfermería de Lugo en colaboración coa Confederación das ANPAS de Galicia.

Fai clic na imaxe para agrandar

Por favor, le as recomendacións contidas nesta ligazón para unha volta segura. Grazas pola vosa colaboración!

viernes, 4 de septiembre de 2020

Declaración responsable das familias

 A administración ven de publicar este modelo de declaración responsable que ha de asinar a nai/pai/titor(a) legal de cada alumno conforme se compromete a cumprir as medidas nel contidas antes de vir ao centro.

Grazas pola vosa colaboración!

Para máis información, le esta guía resumo do Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID 19.

Protocolo da administración

 Velaquí unha ligazón ao protocolo de adaptación ao contexto COVID 19 elaborado conxuntamente polas consellerías de sanidade e educación para regular o funcionamento dos centros no curso 2020-21. Nel baséase o noso Plan de Adaptación COVID.

Podes ler tamén unha versión resumida nesta ligazón.

Recorda que cada familia ha de asinar unha declaración responsable de cumprimento de medidas antes de vir ao centro.

Ánimo e grazas pola vosa colaboración

Resumo das medidas de protección individual

 O curso 2020-21 está a piques de comezar, velaquí un dos carteis que vos atoparedes no colexio para recordar as medidas de protección individual:



jueves, 3 de septiembre de 2020

Cuestionario sobre teledocencia

 Queridas familias, 

Antes de que comece o curso 2020-2021, gustaríanos saber os recursos dos que dispoñedes no fogar no caso de ter que implementar o ensino telemático. Como podedes ler no Plan de Continxencia, esta opción só terá lugar se cesa a actividade presencial nalgún aula ou pecha do centro temporalmente no caso de abrocho.

Por favor, enchede o formulario unha vez por alumno. Moitas grazas de antemán!